Boa tarde,
Despois de participar na Xornada de Benvida organizada pola UDC e da xa
tradicional Install Party, empezamos co ciclo habitual de GPUL Schools.
Este mes teremos unha charla introductoria á terminal, por Luís Doce, o
próximo mércores 21, ás 17:00. Tendes toda a información na web:
https://gpul.org/eventos/2026/intro-terminal/
Así mesmo, este venres terá lugar a entrega de premios da XIX edición do
Premio ao Mellor Traballo Fin de Estudos libre, adicado a Alejo Pacín
Jul. Terá lugar no centro GaiásTech, ás 16:00 este venres 16 de outubro.
Tamén participaremos como comunidade na WordCamp Galicia, esta fin de
semana na Facultade de Dereito.
Finalmente, o sábado 24 de outubro, e como vimos facendo os últimos
años, temos o pracer de colaborar con Python Coruña e o GDG A Coruña no
Hacktoberfest, que terá lugar no CUR de Riazor e ao que vos podedes
apuntar aquí: https://meetu.ps/e/QlhVF/ZzktM/i
Saúdos,
Iago R.