Bo día,
Chegado setembro, comeza a reactivarse a asociación. Logo de ter
organizado a GUADEC en xullo, volvemos ás actividades habituais.
Durante o mes de setembro estaremos presentes na Xornada de Benvida da
UDC, falando da asociación e coñecendo ás outras asociacións estudantís
e, como primeira actividade, terá lugar a install party, todavía sen
data fixada.
Por outro lado, traio información sobre o Premio ao Mellor Traballo
Estudos Libre, que este ano permite tamén a participación a quen
finalizara un ciclo de Formación Profesional. Toda a información está na
web: https://premio.gpul.org. Adxunto tamén o cartel do evento, por se
fora de interés para alguén que desexara compartilo.
Saúdos,
Iago