Bo día,
Dende GPUL estamos colaborando na organización da conferencia anual de GNOME, a GUADEC, que moitos xa coñeceredes. Este ano o evento vai ser na na Facultade de Informática de Coruña, do 16 ó 21 de xullo. Citando a páxina do evento:
GUADEC is the GNOME community’s largest conference, bringing together hundreds of users, contributors, community members, and enthusiastic supporters for a week of talks and workshops.
Se aínda non estades apuntados, podedes facelo aquí: https://events.gnome.org/event/306/registrations/306/
Por outra banda, se estades dispostos a axudar durante o evento (grazas!!), rexistrádevos tamén neste outro formulario para voluntarios: https://events.gnome.org/event/306/surveys/206.
Un saúdo,
Pedro.