Boa tarde, Despois de participar na Xornada de Benvida organizada pola UDC e da xa tradicional Install Party, empezamos co ciclo habitual de GPUL Schools. Este mes teremos unha charla introductoria á terminal, por Luís Doce, o próximo mércores 21, ás 17:00. Tendes toda a información na web: https://gpul.org/eventos/2026/intro-terminal/ Así mesmo, este venres terá lugar a entrega de premios da XIX edición do Premio ao Mellor Traballo Fin de Estudos libre, adicado a Alejo Pacín Jul. Terá lugar no centro GaiásTech, ás 16:00 este venres 16 de outubro. Tamén participaremos como comunidade na WordCamp Galicia, esta fin de semana na Facultade de Dereito. Finalmente, o sábado 24 de outubro, e como vimos facendo os últimos años, temos o pracer de colaborar con Python Coruña e o GDG A Coruña no Hacktoberfest, que terá lugar no CUR de Riazor e ao que vos podedes apuntar aquí: https://meetu.ps/e/QlhVF/ZzktM/i Saúdos, Iago R.
participants (1)
-
Iago Rivas