Bo día,
Xa rematados os exames, comezamos febreiro cos habituais GPUL Schools,
xa na primeira semana de febreiro, á volta da FOSDEM:
- Xoves 5 de febreiro, ás 18:00 - Emacs: un editor do pasado para o
futuro, con @migueldeoleiros.
- Martes 10 de febreiro, ás 19:00 - ESPHome + HomeAssistant: domótica
sin nube y sin magia, con Santiago Saavedra.
- Martes 24 de febreiro, ás 18:00 - Da FIC ao Nasdaq, a aventura de
montar unha startup dende Galicia, con Pablo Castro.
Ademáis, o 18 de febreiro haberá un AtlánticaLabs: "De la idea al MVP:
Low-Code, IA y la transformación hacia Product Engineer", ás 19, do que
podes consultar máis información na web: https://atlanticaconf.com/labs.html
Saúdos,
Iago