Pasa cando a partixion é dinámica e nalgún outro caso. O mellor e que busque un pendrive con boot que teña gparted. Poderá facer defrag ben, e mover as particions ata deixalo ao seu gusto. El vie., 13 oct. 2023 9:57, Emilio José Padrón González <emilioj@posteo.net> escribió:
Ola, xentiña!
Recibo esta petición de axuda dun estudante (ver despois do meu texto).
Eu hai moito-moito tempo que non uso «dual boot» e non me vexo na necesidade de ter que reducir unha partición Windows para facer espazo para instalar GNU/Linux.
É normal o que lle pasa a este rapaz? Será que non desfragmentou ben? :-?
Apertas, E
----- Forwarded message -----
Date: Fri, 13 Oct 2023 08:35:37 +0200 To: Emilio José Padrón González <emilio.padron@udc.es> Subject: Problema para usar Linux
Ola,
Teño un problema ao reducir o volumen da partición do disco. Restaurei Windows, desfragmenté e optimicé o disco, pero aínda non podo reducir o volumen da partición máis duns poucos mbs. Poderías axudarme?
Grazas por leer.
----- End forwarded message ----- _______________________________________________ xeral mailing list xeral@lists.gpul.org http://lists.gpul.org/cgi-bin/mailman/listinfo/xeral