Ola Emilio, Contéstoche agora mesmo por privado, que o ficheiro que adxunto leva certa información non pública. De todos modos, se axuda e tés a ben, podes deixar logo por aquí un resumo da aproximación por se alguén ten o mesmo problema. Saúdos, Alejo O luns, 12/08/2019 ás 13:32, Emilio J. Padrón González (<emilioj@gpul.org>) escribiu:
Ola!
Aínda que xa non temos moito tráfico nesta lista, vou tentar lanzar por aquí unha consulta que non me ten presa, a ver hai desenvolvedores Java et al que me poidan iluminar :-)
Os meus coñecementos do mundo Java e as súas tecnoloxías son moi básicos (e sempre lle tiven bastante odi^W manía ademais, que non se mitiga agora que as teño que empregar nalgunhas das cousas que fago), así que igual o que estou preguntando é super-básico, pero eu non son capaz de resolvelo sen terme que empapar nunha guía de referencia de Maven...
O caso é que teño uns jars nun repositorio local «system-wide» (/usr/shara/maven-repo), que quero que maven empregue cando uso o correspondente pom.xml, sen que os descargue de novo, e que se ten que descargar jars adicionais o faga no repo local «user-wide» (~/.m2/repository).
Vaia, que quero que cando precise algunha dependencia mire primeiro no repo system-wide e, se non está aí, o descargue no user-wide, pero que se está non descargue nada. O lóxico, vaia...
Alguén me pode dar a receita para acadar algo que semella tan simple, porque eu non o consigo.
Nun dos casos concretos, teño isto pre-instalado: /usr/share/maven-repo/org/zeromq/jzmq/3.1.0/jzmq-3.1.0.jar
Pero maven insiste en descargar isto cando lanzo o proceso de construción do meu pom.xml: ~/.m2/repository/org/zeromq/jzmq/3.1.0/jzmq-3.1.0.jar
Apertas, E
_______________________________________________ xeral mailing list xeral@lists.gpul.org http://lists.gpul.org/cgi-bin/mailman/listinfo/xeral