Ola Emilio,

Contéstoche agora mesmo por privado, que o ficheiro que adxunto leva certa información non pública. De todos modos, se axuda e tés a ben, podes deixar logo por aquí un resumo da aproximación por se alguén ten o mesmo problema.

Saúdos,

Alejo

O luns, 12/08/2019 ás 13:32, Emilio J. Padrón González (<emilioj@gpul.org>) escribiu:
Ola!

Aínda que xa non temos moito tráfico nesta lista, vou tentar lanzar por
aquí unha consulta que non me ten presa, a ver hai desenvolvedores Java et al
que me poidan iluminar :-)

Os meus coñecementos do mundo Java e as súas tecnoloxías son moi básicos
(e sempre lle tiven bastante odi^W manía ademais, que non se mitiga
agora que as teño que empregar nalgunhas das cousas que fago), así que
igual o que estou preguntando é super-básico, pero eu non son capaz de
resolvelo sen terme que empapar nunha guía de referencia de Maven...

O caso é que teño uns jars nun repositorio local «system-wide»
(/usr/shara/maven-repo), que quero que maven empregue cando uso o
correspondente pom.xml, sen que os descargue de novo, e que se ten que
descargar jars adicionais o faga no repo local «user-wide»
(~/.m2/repository).

Vaia, que quero que cando precise algunha dependencia mire primeiro no
repo system-wide e, se non está aí, o descargue no user-wide, pero que
se está non descargue nada. O lóxico, vaia...

Alguén me pode dar a receita para acadar algo que semella tan simple,
porque eu non o consigo.

Nun dos casos concretos, teño isto pre-instalado:
/usr/share/maven-repo/org/zeromq/jzmq/3.1.0/jzmq-3.1.0.jar

Pero maven insiste en descargar isto cando lanzo o proceso de
construción do meu pom.xml:
~/.m2/repository/org/zeromq/jzmq/3.1.0/jzmq-3.1.0.jar

Apertas,
E

_______________________________________________
xeral mailing list
xeral@lists.gpul.org
http://lists.gpul.org/cgi-bin/mailman/listinfo/xeral