Xestionando arquivos non versionados nun repo git
Ola, unha consulta sobre git! Cal pensades que é o mellor xeito de traballar con binarios grandes que precisades que estean no repositorio, pero non necesariamente baixo control de versións? (eses arquivos non van ser modificados nunca) Eu habitualmente fágoo con 'git lfs', pero neste caso estou traballando contra un gitlab que non ten LFS activado, así que preciso outro mecanismo que me permita unha xestión doada: quero que a xente que vai traballar co repo git teña que facer as menos cousas posibles en canto a «colle isto desta url, pono neste directorio no teu repositorio local...». Vaia, que o ideal sería que os usuarios do repo simplemente ao facer o 'clone' reciban tamén eses arquivos no seu lugar correcto do repo,aínda que eses arquivos veñan, por exemplo, vía http dun simple hosting web. Exemplo: http://mdreduce.gforge.inria.fr/jdk-8u212-linux-x64.tar.gz Boteille un ollo a git annex... pero non estou seguro de que se axeite, e ten tanta documentación que non atopei o meu caso de uso tran facer algunha proba. Como digo, interésame algo o máis transparente posible para a xente que simplemente vai clonar o repo remoto e facer push/pull. Apertas, E
Eu neses casos adoito meter un script que automatice a descarga no sitio correcto. El vie., 19 abr. 2019 13:02, Emilio J. Padrón González <emilioj@gpul.org> escribió:
Ola, unha consulta sobre git!
Cal pensades que é o mellor xeito de traballar con binarios grandes que precisades que estean no repositorio, pero non necesariamente baixo control de versións? (eses arquivos non van ser modificados nunca)
Eu habitualmente fágoo con 'git lfs', pero neste caso estou traballando contra un gitlab que non ten LFS activado, así que preciso outro mecanismo que me permita unha xestión doada: quero que a xente que vai traballar co repo git teña que facer as menos cousas posibles en canto a «colle isto desta url, pono neste directorio no teu repositorio local...».
Vaia, que o ideal sería que os usuarios do repo simplemente ao facer o 'clone' reciban tamén eses arquivos no seu lugar correcto do repo,aínda que eses arquivos veñan, por exemplo, vía http dun simple hosting web. Exemplo: http://mdreduce.gforge.inria.fr/jdk-8u212-linux-x64.tar.gz
Boteille un ollo a git annex... pero non estou seguro de que se axeite, e ten tanta documentación que non atopei o meu caso de uso tran facer algunha proba.
Como digo, interésame algo o máis transparente posible para a xente que simplemente vai clonar o repo remoto e facer push/pull.
Apertas, E
_______________________________________________ xeral mailing list xeral@lists.gpul.org http://lists.gpul.org/cgi-bin/mailman/listinfo/xeral
El vie., 19 abr. 2019 a las 13:11, Alejo Pacín Jul (<alejopj@gmail.com>) escribió:
Eu neses casos adoito meter un script que automatice a descarga no sitio correcto.
Eu igual. En repositorios algo complexos suelo ter un "setup-repo.sh" ou algo así que descarga ficheiros e que setea se é necesario configuración para .git/hooks. Exemplo sinxelo para scalafmt: https://gist.github.com/ssaavedra/b496c645d13013a0aa4f6d42b1ba83d1
Ola! On Tue, Apr 23, 2019 at 12:39:18PM +0200, Santiago Saavedra wrote:
El vie., 19 abr. 2019 a las 13:11, Alejo Pacín Jul (<alejopj@gmail.com>) escribió:
Eu neses casos adoito meter un script que automatice a descarga no sitio correcto.
Eu igual. En repositorios algo complexos suelo ter un "setup-repo.sh"
Graciñas polas vosas respostas, Alejo e Santi. Finalmente optei pola vosa aproximación, a falta de ter unha mellor :-) Script para executar como primeira cousa no repo, para «preparar» todo, e comentario no README dicindo que hai que executar ese script antes de nada. Apertas, E
participants (3)
-
Alejo Pacín Jul -
Emilio J. Padrón González -
Santiago Saavedra