Ola! Graciñas a todas as persoas que partillastes a vosa opinión neste fío :) Finalmente, camiñei en círculo e volvín ao punto de partida: xa encarguei un Thinkpad T14s cun AMD Ryzen. Penso que é a miña mellor opción (para o meu caso de uso persoal, ollo). Dubidei un chisco se coller pantalla OLED (nunca tiven ningunha), pero finalmente decidínme pola IPS de 500 nits, a pesar dos 60Hz. Estou contento coa elección :) Respecto disto que comenta Jorge:
Últimamente en redes sáeme sen parar o Framework… tendes algunha opinión? Non se mencionou no fío.
Eu tamén mirei algo os Framework, porque é certo que semellan estar moi de moda entre desenvolvedores. No meu caso prefirín ser conservador, sobre todo polo tema teclado e robustez, e como non coñezo de primeira man a ninguén que teña un, pasei de arriscar. Neste fío de reddit vin algunha opinión que foi a que me fixo pensar que mellor (para o meu uso) un Thinkpad T que Framework: https://www.reddit.com/r/framework/comments/1g8mfmw/thinkpad_or_framework E