Boas tardes, Chema. Son José Manuel Pacin Vázquez, pai de Alejo. Prégoche dés de baixa ao meu fillo por haber fallecido no pasado mes de mayo en accidente de tráfico. Moitas gracias. El sáb, 7 oct 2023, 12:12, Chema Casanova <jmcasanova@igalia.com> escribió:
Bos días rapazada!
Quería avisarvos que os vindeiros días 17, 18 e 19 de outubro terá lugar por segunda vez na Coruña a Xorg Developers Conference (XDC 2023 https://indico.freedesktop.org/event/4/ ). Nesta ocasión terá lugar no Palexco. Esta conferencia que estamos a organizar dende Igalia reunirá aos principais desenvolvedores da pila gráfica de GNU/Linux. Virán desenvolvedores de Valve, Intel, AMD, ARM, NVIDIA, Canonical, RedHat, Google, Imagination, Collabora e Igalia e outros membros da comunidade.
Nesta conferencia presentase e discutese o futuro dos drivers libres das nosas tarxetas gráficas tanto no espazo de kernel como de usuario Mesa (Vulkan, OpenGL, OpenGL-ES). Falarase do soporte de HDR en Linux, os drivers gráficos da Raspberry Pi ou Asahi que soporta o Apple M1, de Zink o driver OpenGL empregando Vulkan, de Wayland, e todo o que fai funcionar a Steam Deck (Proton, Wine), e basicamente sobre todo excepto do servidor Xorg que é o que da o nome a conferencia.
Podedes consultar as charlas dispoñibles en https://indico.freedesktop.org/event/4/contributions/
Aproveito esta mensaxe para anirvarmos a que vos inscribades para participar no evento: https://indico.freedesktop.org/event/4/registrations/4/
E se estades interesados como en *colaborar como voluntariado* no evento podedes contactar comigo (jmcasanova@igalia.com), xa que como sabedes sempre ven moi ben contar con axuda na organización deste evento no que tamén colabora GPUL no seu 25 aniversario.
Un saudo,
Chema Casanova _______________________________________________ xeral mailing list xeral@lists.gpul.org http://lists.gpul.org/cgi-bin/mailman/listinfo/xeral