Xa que non ledes os meus correos enteiros, reenvío isto engadindo ao afectado na lista de correos para que non se perda a conversa precisamente quen a iniciou. El lun., 3 dic. 2018 a las 13:47, Diego Brea Riádigos (<diego.brea@gmail.com>) escribió:
Bos días.
No correo non se adxuntou a imaxe, polo que non teño maneira de ver cal é o erro concreto, pero o resto de síntomas (Windows moi lento/apágase de repente, problemas incluso antes do Grub...) apuntan a un fallo do disco duro.
Eu diría que é moi fácil que o disco esté empezando a fallar masivamente e, dado que nos sistemas EFI a configuración do sistema previa ó arranque se garda no disco (enorme fallo de diseño, na miña opinión, pero eso é aparte), o sistema non é capaz de cargar adecuadamente a configuración que necesita para facer funcionar o Grub. O resto de problemas virían en cascada desde ahí.
Consello: Arrancar desde un Live CD, facer backup dos datos importantes no disco e pasar unha verificación exhaustiva do disco duro (fsck con opción badblocks ou ferramentas de gparted): Se saltan os típicos avisos de erro no syslog/dmesg asumir que toca cambio de disco duro, non intentar traballar máis con el ata a recuperación no disco novo.
Hai outras posibilidades de explicación (fallo da controladora, fallos de memoria física, problemas cos cables, problemas de calor...) pero estadísticamente na maioría dos casos soen ser o disco duro.
Saúdos.
On 3/12/18 1:06, Santiago Saavedra wrote:
Ola Miguel,
Este tipo de problemas é mellor que os enviedes á lista de correo xeral que temos (non fai falta ser socio para rexistrarse nela) ou no grupo de Telegram.
Ao final, en info@gpul.org só recibimos este correo uns poucos que levamos a xestión administrativa (basicamente a xunta directiva). No telegram, por exemplo, somos mais de 70 persoas que poderiamos responder, e na lista xeral ainda máis. E deste xeito aprendemos todos.
Xa que nos escribiches por aquí, engado como CC á lista xeral, e para ler as respostas date de alta ti mesmo en lists.gpul.org <http://lists.gpul.org>
Pola foto que envías, o que che pasa é antes de que arranque Grub (o programa que carga Linux en memoria ao comezo do proceso). Polo visto, dalgún xeito corrompeuse o teu grub e a UEFI non é capaz de arrancalo.
O máis fácil sempre é reinstalar, pero hai outro xeito, que é que arranques dende un live e recuperes a instalación. O que terías é que conseguir reinstalar o grub na partición da UEFI. Eu non me vou a atopar na Coruña proximamente, pero ao mellor alguén pola lista que estea lendo isto che poderia axudar a facer iso ou se o podes intentar facer ti ;-)
E por certo, eu é a primeira vez que vexo un erro como este. Non sei que che pasou, pero cando teñas o sistema funcionando comproba como tes o disco, non vaias a acabar perdendo cousas menos recuperables ca o grub.
PD: non se vos esqueza "responder a todos" e incluir a dirección de Miguel e da lista xeral para que el tamén reciba as respostas a isto ata que se subscriba.
Un saúdo, Santiago
On November 27, 2018 4:41:59 PM GMT+01:00, "Miguel Blanco Godón" <miguel.blanco <http://miguel.blanco>.godon@udc.es> wrote:
Ola. Fun a linux install party deste ano e todo ben ata agora. Básicamente onte estiven estudando sql dende a terminal de ubuntu e sen problema. Esta mañá, nas prácticas inicie en windows e todo ben. Despois de comer acendín o portátil pra estudar outro anaco e despois de sair o logotipo da marca aparecía o seguinte erro na esquina superior esquerda: Imagen
se me puiderades dicir que é e como amañalo agradecíavolo. Pasei por aló hoxe pero taba pechado. A partición de windows funciona, ainda que tarda moito en arrincar. Non carga o menu de booteo. Iniciei en windows entrando en BOOT MENU na BIOS. Probei tamen a encender ubuntu pero saltaba ese mesmo erro. Cabe destacar que a instalacion de ubuntu dou fallos de disco e houbo que volvela a empezar.
Con windows encendido e traballamdo apagouse de golpe mentres escribia este correo. Non fui pola bateria. Grazas
_______________________________________________ xeral mailing list xeral@lists.gpul.org http://lists.gpul.org/cgi-bin/mailman/listinfo/xeral
_______________________________________________ xeral mailing list xeral@lists.gpul.org http://lists.gpul.org/cgi-bin/mailman/listinfo/xeral
-- Santiago Saavedra Grupo de Programadores e Usuarios de Linux