Moi boas. Eu tamén son dos fans de Thinkpad serie T e de momento non tiña pensado cambiar a outra cousa, como moito, igual para Slimbook, por valorar o seu compromiso co software libre, pero non porque pense que van ser mellor portátil ca un Thinkpad serie T. Sobre a serie X, non poño a man no lume, pero é probable que non teñan tarxeta de rede ethernet. Para min imprescindible. Algo que eu consideraría tamén: revisar se a RAM e o disco van soldadas en placa ou non, porque algún modelo de serie T no pasado tiña RAM soldada e placa e iso pode limitar a vida útil do portátil. Algún detalle que non che comentou ninguén e que igual queres ter en conta é o de ver que empresas (só das que se comentaron no fío) están nas listas de boicot a Israel. Empresas que SI están nas listas de boicot: - Dell - HP - Intel Empresa que NON están nas listas de boicot (de momento): - Lenovo - Slimbook - AMD Ánimo coa (in)decisión. Logo cóntanos cal é o gañador XD Apertas! -- Brais Arias Rio