Yo los thinkpad me flipan pero pensaría en un ARM que a día de hoy duran la batería más del doble que los tradicionales y el rendimiento es bueno El jue, 18 sept 2025, 15:06, Emilio J. Padrón González via xeral < xeral@lists.gpul.org> escribió:
Eu teño un T14s (AMD) e posiblemente repetiría se tivese que comprar un novo hoxe.
Hai un par de semanas tiña clarísimo que ía comprar un T14s con AMD.
Despois, vin a duración da batería coa alternativa Intel (Lunar Lake), e pensei en comprar o de Intel aínda que o rendemento de CPU sexa algo peor. Tamén por que nalgún benchmark vin que o rendemento da iGPU de Intel era mellor que o da AMD, aínda que a CPU fose peor.
Logo lin que os drivers de Intel para a iGPU en Linux daban un rendemento paupérrimo (os benchmark que vira eu eran de Windows), e volvín pensar no AMD ou incluso na opción ARM (seica os driver de Intel xa non son o que eran dende que Igalia non está ao mando ;-)
E logo comecei a pensar en probar algunha alternativa que me permitise montar un procesador algo máis potente ou incluso unha GPU discreta, e tamén tiña curiosidade por «modernidades» como os 'haptic touchpad', xa que a serie T segue co clásico mecánico...
Non descarto volver ao punto de inicio, co T14s AMD :-D
Graciñas polo consello! E _______________________________________________ xeral mailing list -- xeral@lists.gpul.org To unsubscribe send an email to xeral-leave@lists.gpul.org