> Eu teño un T14s (AMD) e posiblemente repetiría se tivese que comprar
> un novo hoxe.
Hai un par de semanas tiña clarísimo que ía comprar un T14s con AMD.
Despois, vin a duración da batería coa alternativa Intel (Lunar Lake), e
pensei en comprar o de Intel aínda que o rendemento de CPU sexa algo
peor. Tamén por que nalgún benchmark vin que o rendemento da iGPU de
Intel era mellor que o da AMD, aínda que a CPU fose peor.
Logo lin que os drivers de Intel para a iGPU en Linux daban un
rendemento paupérrimo (os benchmark que vira eu eran de Windows), e
volvín pensar no AMD ou incluso na opción ARM (seica os driver de Intel
xa non son o que eran dende que Igalia non está ao mando ;-)
E logo comecei a pensar en probar algunha alternativa que me permitise
montar un procesador algo máis potente ou incluso unha GPU discreta, e
tamén tiña curiosidade por «modernidades» como os 'haptic touchpad', xa
que a serie T segue co clásico mecánico...
Non descarto volver ao punto de inicio, co T14s AMD :-D
Graciñas polo consello!
E
_______________________________________________
xeral mailing list -- xeral@lists.gpul.org
To unsubscribe send an email to xeral-leave@lists.gpul.org