Ola! Aquí vai unha pregunta bastante RTFM, pero como non consigo dar coa tecla (e son bastante desastre para todo o que ten que ver coa administración de sistemas dende hai tempo...), pregunto por aquí a ver se alguén me ofrece unha boa guía :-) Teño unha configuración de NGINX con varios dominios e algún subdominio que leva algún tempo funcionando sen problemas aparentes. A configuración dos 'sites' en sites-enabled está repartida en 3 arquivos, poñamos algo así: default yyy.conf zzz.conf. Os dominios e subdominios nos dous últimos arquivos (os relevantes) estanse a servir ben cando toca. En default teño a configuración predeterminada, que salta por exemplo se accedo por IP ou cun dominio chorra que uso principalmente para acceder á máquina por ssh. Agora preciso engadir un novo subdominio, e quero facelo no seu propio arquivo de configuración, poñamos xxx.conf. Non son capaz... sempre me salta a configuración de 'default'. Se o poño como aaa.conf si que vai, polo que claramente depende da orde na que está na composición que fai NGINX con todos os arquivos, que é na orde alfanumérica nos subdirectorios con configuracións (e que podo ver con 'nginx -T'). Como podo depurar con NGINX que está a pasar para que dependa da orde e non faga o 'matching' polo server_name, que é o que quero (e o que está a facer ben co resto de dominios/subdominios en yyy.conf e zzz.conf, que están despois de default alfabeticamente pero son servidos cando se teñen que servir. Apertas, E