Ola xente!
Co meu novo equipo entro por primeira vez no mundo da alta definición
(non é coña, que na casa gastamos aínda tele de tubo...) e claro, ando
un tanto perdido en canto a cal é a mellor configuración para aproveitar
os 1920x1080 nativos que ofrece a pantalla.
Non emprego ningún tipo de 'Desktop', senón un 'window manager' lixeiro
(awesome) sobre X. A miña primeira aproximación foi deixar a
configuración que me deixan as X 'out-of-the-box':
dimensions: 1920x1080 pixels (508x285 millimeters)
resolution: 96x96 dots per inch
E configurar tamaños de letra «xenerosos» nas aplicacións que emprego o
95% do meu tempo diante do ordenador: terminal, emacs e navegador web
(este último semella o máis complicado de ter configurado para estar
cómodo navegando por distintas webs sen ter que ir facendo zoom de cando
en cando).
Porén, non sei se é mellor alternativa «xogar» un pouco cos dpis para
ter *todo* algo máis grande.
Que facedes vos?
Experiencias de xente traballando con estas resolucións sen deixarse
(máis) a vista :-?
Apertas,
E