Teño que ver se misc vai, que eu non estou subscrito. O que sí, seguimos tendo o problema dos fíos por culpa dd AWS. Eu son partidario de coller unha segunda ipv4 para as listas de correo, que so costan uns poucos euros ao mes, e así podemos quitar AWS e separar os dous servidores, o de correo @gpul.org e @lists.gpul.org.
El 18 de marzo de 2026 16:46:22 CET, "Emilio J. Padrón González via probas" <probas(a)lists.gpul.org> escribió:
>Ola, Jorge:
>
>> A min chegoume correctamente a mensaxe que mandaches por misc@
>
>Ah, pois entón perfecto! Se non me chega a min é o de menos, vaia.
>Pensaba que non lle chegara a ninguén, a pesar de estar no arquivo da
>rolda (iso si que o comprobei).
>
>
>> Terás desactivado o “Receive own postings” nos settings?
>
>Fun mirar e a verdade é que teño un auténtico caos de configuración,
>pois manteño subscrición "regular" con enderezo @gpul.org, e logo teño
>subscritas tamén @udc.gal e @posteo.net.
>
>En principio, na miña configuración xeral de mailman, teño marcado que
>si quero recibir as miñas propias mensaxes (como calquera persoa
>civilizada, vaia ;-P).
>
>Nas configuracións específicas por lista non me aparece misc@ (si o
>resto de roldas), e nas específicas por enderezo de correo-e aparécenme
>os tres correos con todo en branco. Non sei se isto sobreescribe algo na
>configuración xeral.
>
>Nesta rolda de probas si recibo sen problemas o que envío :-?
>
>En fin, non te preocupes, Jorge. Con saber que a mensaxe chegou, váleme
>:)
>
>Graciñas!
>E
>_______________________________________________
>probas mailing list -- probas(a)lists.gpul.org
>To unsubscribe send an email to probas-leave(a)lists.gpul.org