15 Set
2026
15 Set
'26
12:14
Bo día, Chegado setembro, comeza a reactivarse a asociación. Logo de ter organizado a GUADEC en xullo, volvemos ás actividades habituais. Durante o mes de setembro estaremos presentes na Xornada de Benvida da UDC, falando da asociación e coñecendo ás outras asociacións estudantís e, como primeira actividade, terá lugar a install party, todavía sen data fixada. Por outro lado, traio información sobre o Premio ao Mellor Traballo Estudos Libre, que este ano permite tamén a participación a quen finalizara un ciclo de Formación Profesional. Toda a información está na web: https://premio.gpul.org. Adxunto tamén o cartel do evento, por se fora de interés para alguén que desexara compartilo. Saúdos, Iago