Bo día,
Xa rematado outubro, traio información sobre as actividades de decembro,
que será máis tranquilo.
Primeiro, aproveito para felicitar a Pablo Páramo, por ser o gañador
deste ano, e a Roi Martínez, Xiana Carreira, Gael Fernández e Martín
García por ser finalistas nesta edición. Noraboa ao gañador, aos
finalistas, e a todos os participantes que liberaron o seu proxecto.
E agora, coas próximas charlas. En canto aos GPUL Schools teremos:
- Martes 2 de decembro, ás 18:00 - Guía para sobrevivir fóra da FIC,
outra das tradicionais charlas, como sempre, con Brais Arias e Pablo Castro.
- Xoves 11 de decembro, ás 19:30 - SteamOS, un sistema para videoxogos,
con Alberto García, de igalia, que traballa no sistema operativo.
Ademáis, tamén haberá un Atlántica Labs:
- Mércores 10 de decembro, ás 19:00 - From Words to Wisdom: Hate Speech
Detection in the Age of LLMs, con Paloma Piot, investigadora do IRLab da
Facultade de Informática da Coruña.
Como sempre, podedes ver as gravacións pasadas na canle de youtube da
asociación, e ver toda a información das charlas na web:
https://gpul.org/schools e https://gpul.org/schools
Con esto, finaliza a actividade da asociación en 2025, polo que vos
desexo un bo ano. Previsiblemente, en xaneiro, a actividade será menor
ao coincidir coa tempada de exames na universidade, e aumentará en
febreiro, cando volveremos a tope de enerxia con máis charlas e unha
nova edición de HackUDC.
Saúdos,
Iago
Bo día,
Xa rematadas as charlas de outubro, veño agora con información
sobre as charlas que haberá no que resta de cuadrimestre.
Este mes haberá 5 charlas (máis dunha por semana!), e xa hai
planificada unha en decembro:
- O mércores 5, ás 17:30, nunha colaboración coa asociación DAFIC
por segundo ano - LaTeX: Escribiendo textos bonitos con
\emph{comandos feos}, orientada ao alumnado de TFG, pero
interesante para calqueira que quera coñecer ou aprender máis
sobre LaTeX.
- O luns 10, ás 18:30 - Maxima: Software libre para matemáticas,
onde Hugo Herrador nos ensinará a utilizar Maxima para calculo
simbólico, desde cero.
- O xoves 13, ás 17:00: Iniciación a Blender: aprende a utilizarlo
como un profesional, con Juan Gil, que ensinará a moverse por
Blender, desde o principio.
- O martes 18, ás 18:30 - Cómo salir de VIM y alguna cosa más,
a xa tradicional charla de @migueldeoleiros,
- O martes 25, ás 18:30 - Rust: un lenguaje aburrido y expresivo,
que será un paseo introdutorio por Rust, e que este ano a dará
Victor.j
- O martes 2 de decembro, ás 18:00 - Guía para sobrevivir fóra da FIC,
outra das tradicionais charlas, como sempre, con Brais Arias e
Pablo Castro. Espcialmente interesante para aquelas persoas que
estén rematando o grao, pero recomendable para calqueira.
Como sempre, podes ver as gravacións anteriores das charlas na canle
de youtube da asociación. Publicaranse as seguintes charlas a medida
que se fagan.
Se queres ver máis información sobre as charlas, podes consultar a
recentemente renovada web, en https://gpul.org/schools
Ademáis, fóra da fic, estanse a facer os Atlántica Labs, un concepto
que mezcla os GPUL Labs coa Atlántica Conf nun formato mensual. Este
mes será o 26 de novembro, co título: PostgreSQL: Lo que me gustaría
saber antes de usarla, por José Mato.
Podes consultar máis información sobre os Atlántica Labs na súa web,
en https://atlanticaconf.com/labs.html
Con iso, queda programada toda a actividade da asociación ata
decembro. Se houbera algún cambio ou actividade nova, avisarei por
aquí. Se tes ganas de dar unha charla, podes comentala, e buscaremos
un oco.
Saúdos,
Iago