Bo día,
Abro esta rolda de correo co obxectivo de dispor dun medio no que
comunicar a actividade da asociación para aquelas persoas que non
queiran usar meetup e lles pasen desapercibidas as mensaxes de Telegram.
Esta fin de semana, varios membros de GPUL participaron no
hacktoberfest, organizado por varias comunidades da Coruña. Durante o
sábado, púxose a funcionar definitivamente a nova web da asociación,
onde se publicarán tamén os eventos que se fan (pendente de poñerlle RSS).
Con iso, pasamos ás próximas charlas:
- Esta semana, o martes ás 17:30, temos a tradicional charla
introdutoria a git, que dará Emilio
- A semana que ven, o xoves 30 ás 17:30 tamén, tenmos unha charla do
terminal máis avanzada que a anterior
- O mércores 5 de novembro, tamén ás 17:30, nunha colaboración coa
asociación DAFIC, poderemos aprender LaTeX, nunha charla introdutoria
que o ano pasado tivo moito éxito.
Ademáis, aínda que non programadas definitivamente, podo adiantar que
antes de que remate o cuadrimestre, tamén haberá as habituais charlas de
VIM e Rust, e quizais algunha máis. Mantereivos ao día!
Saúdos,
Iago