On Mon, Nov 03, 2025 at 06:32:21PM +0000, Emilio J. Padrón González via xeral wrote:
Berto, lembras como desactivaches o cifrado por hardware no teu T14s? Que eu saiba non ten / non vén activado de serie. Non estou seguro de que sexa así...
Se na BIOS vas á opción de poñerlle un contrasinal ao NVMe e a partir dese momento che pide ese contrasinal para poder acceder ao disco, pero os datos seguen aí tal e como os tiñas, e non foron re-cifrados nin nada, entón é que ese cifrado hardware transparente si está activo
Acabo de mirar, o contrasinal está desactivado, eu non toquei nada. Aquí realmente o único importante sería comprobar que pasa se abro o portátil e conecto o disco noutro lado. Se funciona sen problemas (que é o que eu imaxino) entón da igual se o disco estaba sen cifrar, ou se ten un cifrado que cando non ten contrasinal funciona de forma transparente. Os dous casos son equivalentes desde o meu punto de vista. Berto
participants (1)
-
Alberto Garcia