Re: Depurar que fai NGINX cun dominio ou subdominio para escoller un outro bloque na configuración
Hei Pich, que tal! Graciñas pola axuda:
tería que ver as configuracións pero normalmente no *default* configúrase un "catch-all" cunha configuración semellante a esta:
``` server { listen 80 default_server; server_name _;
Sip, no bloque server do default tiña (e teño) algo así. Supoño que si, que entraba por aí. Ao final o que fixen foi poñer un pouco de orde no pequeno caos que tiña nos distintos arquivos, usando sempre o mesmo criterio/notacións nos listen e demais campos, que tiña todo algo «ofuscado» tras retoques rápidos aquí e alá durante anos. En realidade, sigo sen saber cal era o problema, pero tras a limpeza agora xa funciona ese novo subdominio sen depender da orde na que se carga o arquivo :-) Grazas, meu! E
participants (1)
-
Emilio J. Padrón González