Aquí realmente o único importante sería comprobar que pasa se abro o portátil e conecto o disco noutro lado. Se funciona sen problemas (que é o que eu imaxino)
Se a chave de cifrado non está protexida con contrasinal, como é o teu csao, entendo que é como dis: se conectas o disco nun equipo cun firmware que pode traballar con OPAL, deberías poder acceder aos datos de forma transparente, asumo. Polo que vin por aí na pouca investigación que fixen ao respecto [1], ata hai relativamente pouco precisabas, claro, un sistema que tivese ese soporte OPAL, ou a cousa era relativamente complexa. Hoxe en día, seica xa podes xestionar o cifrado por hardware con LUKS, xa que cryptsetup ten agora soporte OPAL, polo que gañas en flexibilidade e control, creo [1] [2]. Eu, de momento, non o vou facer, principalmente porque me dá un pouco de preguiza abrir o portátil novo para acceder ao disco e poder mirar un código (PSID) que é preciso para reiniciar o cifrado hardware. Apertas, E [1] https://alexdelorenzo.dev/articles/cryptsetup-luks-self-encrypting-drives [2] https://github.com/Frodojj/archguide
participants (1)
-
Emilio J. Padrón González