Ola! Hoxe perdín media mañá pelexando para que Apparmor (do que non controlo nadiña) lle deixe a msmtp (que é o que emprego para enviar correo nesa máquina) rexistrar en /var/log/msmtp.log a súa actividade. Xa desistín... Non teño tempo de aprender o suficiente como para que funcione, polo visto, así que a ver se algunha alma caritativa me soluciona a papeleta (probo aquí primeiro, en plan rápido, e se non escalarei o tema a outras roldas de correo). O relevante en /etc/apparmor.d/usr.bin.msmtp: [...] owner @{HOME}/.msmtp*.log wk, /var/log/msmtp wk, [...] (Non quero que a cada usuario lle escriba no .msmtprc.log do seu home, senon todo globalmente en /var/log/msmtp) Facendo unha simple proba en CLI con msmtp, dime isto: msmtp: cannot log to /var/log/msmtp.log: cannot open: Permission denied msmtp: log info was: host=... tls=on auth=on user=... from=... recipients=... mailsize=... smtpstatus=250 smtpmsg='250 2.0.0 Ok: queued as 90D181D5578F0' exitcode=EX_OK E o apparmor escupe isto no log: [...] kernel: [17778.248785] audit: type=1400 audit(1619442717.850:51): apparmor="DENIED" operation="open" profile="/usr/bin/msmtp" name="/var/log/msmtp.log" pid=17462 comm="msmtp" requested_mask="ac" denied_mask="ac" fsuid=1011 ouid=8 Os permisos de /var/log/msmtp.log: $ ls -lta /var/log/msmtp.log -rw-rw---- 1 mail mail 524 Apr 26 16:02 /var/log/msmtp.log Apertas, E