3 Nov
2025
3 Nov
'25
19:32
Berto, lembras como desactivaches o cifrado por hardware no teu T14s?
Que eu saiba non ten / non vén activado de serie.
Non estou seguro de que sexa así... Se na BIOS vas á opción de poñerlle un contrasinal ao NVMe e a partir dese momento che pide ese contrasinal para poder acceder ao disco, pero os datos seguen aí tal e como os tiñas, e non foron re-cifrados nin nada, entón é que ese cifrado hardware transparente si está activo, polo que entendo que o que terías sería LUKS por riba do cifrado hardware que implementa ese Self-Encrypted Device. Vaia, no meu portátil paréceme que todo encaixa con iso, que tamén é o que interpreto lendo cousas por internet adiante: https://wiki.archlinux.org/title/Self-encrypting_drives Apertas, E