El día 5 de diciembre de 2017, 10:41, Emilio J. Padrón González <emilioj@udc.gal> escribió:
Ola xente!
Hai máis dun mes que morreu o meu portátil e, tras semanas malvivindo cun mini-pc + portátil vello nos que configurei o mínimo (estou desexando volver ao meu mutt, tras esta experiencia con webmails varios...), por fin chegou o meu novo equipo (thinkpad T470).
No meu último portátil estaba a empregar cifrado por software no SSD (unha partición LVM cifrada con LUKS/cryptsetup), pero agora este novo trae a posibilidade de cifrado por hardware coa especificación OPAL.
Algunha experiencia/recomendación ao respecto? Pásome ao cifrado por hardware ou manteño o software? :-?
Na ArchWiki tes un artigo [1] bastante extenso sobre o cifrado por hardware. [1] Self-Encrypting Drives: https://wiki.archlinux.org/index.php/Self-Encrypting_Drives -- Xoan Sampaiño | https://about.me/xoan