Ola!
Seguindo outras mensaxes semellantes nesta lista, aproveito para anunciar a quen non saiba xa que o 28 e 29 deste mes, na FIC, terá lugar o evento ACM-W Informática para tod@s (toda a info en
https://ipt.acm.org), no cal participo como organizadora local.
Se queredes participar como voluntarias/os os días do evento, respondédeme directamente a este correo.
As tarefas da xente voluntaria serán, fundamentalmente, atender a mesa de rexistro: buscar ás persoas que vaian chegando na lista de rexistradas, darlles o seu welcome pack e acreditación, orientar á xente que non sexa da FIC sobre onde están os baños e ese tipo de cousas. Tamén nos virá ben axuda o xoves pola mañá para pegar os típicos carteis pola facultade e inmediacións para que a xente atope o lugar das charlas.
A cambio desta axuda ofrecemos... unha camiseta do evento! (non faremos camisetas para asistentes só para a organización ;-)). Por suposto, tamén un welcome pack e acceso a todas as charlas do evento, cafés e xantar.
Grazas por adiantado!!
--
Laura