Ola Miguel,

Este tipo de problemas é mellor que os enviedes á lista de correo xeral que temos (non fai falta ser socio para rexistrarse nela) ou no grupo de Telegram.

Ao final, en info@gpul.org só recibimos este correo uns poucos que levamos a xestión administrativa (basicamente a xunta directiva). No telegram, por exemplo, somos mais de 70 persoas que poderiamos responder, e na lista xeral ainda máis. E deste xeito aprendemos todos.

Xa que nos escribiches por aquí, engado como CC á lista xeral, e para ler as respostas date de alta ti mesmo en lists.gpul.org

Pola foto que envías, o que che pasa é antes de que arranque Grub (o programa que carga Linux en memoria ao comezo do proceso). Polo visto, dalgún xeito corrompeuse o teu grub e a UEFI non é capaz de arrancalo.

O máis fácil sempre é reinstalar, pero hai outro xeito, que é que arranques dende un live e recuperes a instalación. O que terías é que conseguir reinstalar o grub na partición da UEFI. Eu non me vou a atopar na Coruña proximamente, pero ao mellor alguén pola lista que estea lendo isto che poderia axudar a facer iso ou se o podes intentar facer ti ;-)

E por certo, eu é a primeira vez que vexo un erro como este. Non sei que che pasou, pero cando teñas o sistema funcionando comproba como tes o disco, non vaias a acabar perdendo cousas menos recuperables ca o grub.

PD: non se vos esqueza "responder a todos" e incluir a dirección de Miguel e da lista xeral para que el tamén reciba as respostas a isto ata que se subscriba.


Un saúdo,
Santiago

On November 27, 2018 4:41:59 PM GMT+01:00, "Miguel Blanco Godón" <miguel.blanco.godon@udc.es> wrote:
Ola. Fun a linux install party deste ano e todo ben ata agora. Básicamente onte estiven estudando sql dende a terminal de ubuntu e sen problema. Esta mañá, nas prácticas inicie en windows e todo ben. Despois de comer acendín o portátil pra estudar outro anaco e despois de sair o logotipo da marca aparecía o seguinte erro na esquina superior esquerda:
Imagen



se me puiderades dicir que é e como amañalo agradecíavolo. Pasei por aló hoxe pero taba pechado.
A partición de windows funciona, ainda que tarda moito en arrincar. Non carga o menu de booteo. Iniciei en windows entrando en BOOT MENU na BIOS. Probei tamen a encender ubuntu pero saltaba ese mesmo erro.
Cabe destacar que a instalacion de ubuntu dou fallos de disco e houbo que volvela a empezar.

Con windows encendido e traballamdo apagouse de golpe mentres escribia este correo. Non fui pola bateria.
Grazas