Ola! O mércores 27 de febreiro organízase esta xornada entre a UDC e o CITIC. A ver se alguén se achega (eu non vou poder :-/) para escoitar, aprender cousas e, quizais, dar puntos de vista diferentes aos que coido que se poidan ofrecer desde as ponencias por parte dos relatores (igual estou a poñer a venda antes da ferida, pero vendo o perfil da xornada...). Apertas, E ----- Forwarded message from CITIC - Centro de Investigación TIC <citic@citic-research.org> ----- Date: Thu, 14 Feb 2019 12:12:46 +0100 From: CITIC - Centro de Investigación TIC <citic@citic-research.org> To: undisclosed-recipients: ; Subject: [pdi] Xornada "A protección do software. Dereitos de autor e patentes". 27 de febreiro de 2019- Sala Cloud CITIC, Campus de Elviña Estimado/a investigador/a, Comprácenos informalo/a de que o vindeiro mércores 27 de febreiro 2019 terá lugar na sala Cloud do CITIC (campus de Elviña) a xornada informativa "A Protección do software. Dereitos de autor e patentes", organizada pola OTRI da UDC xunto co CITIC, en colaboración coa Oficina Española de Patentes e Marcas. Os principais obxectivos desta xornada son dar a coñecer as posibilidades de protección do software dende un punto de vista legal e estratéxico e impulsar o uso da información de patentes no mundo universitario. A irrupción das novas tecnoloxías nos mercados tradicionais supón un cambio substancial, onde o software configúrase como o activo de numerosos negocios dixitais. Por outra banda, a protección dos coñecementos xurdidos da investigación é cada vez máis valorada (resultados transferibles ás empresas, sexenios de investigación, etc.), polo que esta xornada pode ser unha referencia á hora de definir as estratexias de actuación dos grupos de investigación da UDC. O programa detallado está dispoñible na seguinte LIGAZÓN. A xornada é aberta e gratuíta, previa inscrición antes das 14:00 horas do 25 de febreiro de 2019, a través do cuestionario que atopará na ligazón: https://goo.gl/forms/XtYZGQFnnLRhOV9h1 Para contestar a calquera dúbida que lle poida xurdir en relación a esta xornada, pode dirixirse aos seguintes números de teléfono: T: +34 881 01 5533 T: +34 881 01 1437 Agardamos que esta nova iniciativa sexa do seu interese. Reciba un cordial saúdo, CITIC- Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións OTRI- Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación Universidade da Coruña ----- End forwarded message ----- Apertas, E