Ola Boas. Antes de nada, e para todas aquelas que non coñezan o proxecto OSM, coméntovos. Open Street Map [1] é en resumo un proxecto que pretende crear un mapa libre de todo o mundo. Vamos, coma unha wikipedia, pero con datos geográficos. É un pouco offtopic nesta lista, pero, penso que hai a varios subscritos aos que lles pode interesar e dado que o proxecto está relacionado cos obxectivos do GPUL decidinme a spamear por aquí. O caso é que acabamos de crear un grupo de OSM [1] Galicia no telegram, quen guste: tg://join?invite=AAHZsRBs-mY3hrquk2kpig Iso para os que tedes telegram. E aos que non, anímovos a editar o mapa [2] igualmente. Tamén hai dispoñibeis listas de correo [3], en concreto a de España é esta [4]. Saúdos e desculpade o spam :P [1] http://www.openstreetmap.org/ [2] https://wiki.openstreetmap.org/wiki/Beginners%27_guide [3] http://wiki.openstreetmap.org/wiki/Mailing_lists [4] https://lists.openstreetmap.org/listinfo/talk-es -- Brais Arias Rio