Ola!
Finalmente, camiñei en círculo e volvín ao punto de partida: xa encarguei un Thinkpad T14s cun AMD Ryzen.
Xa teño o meu portátil dende hai tres semanas, pero non atopei tempo para «migrar» aínda. A ver se un día destes me poño (coincidiume nun pico de traballo). Unha dúbida, para a xente que ten portátiles con discos que incorporan cifrado por hardware OPAL. Usades cifrado por software (LUKS) *ademais* do cifrado por hardware, ou «conformádesvos» con este último? Os Thinkpads como o meu traen o OPAL xa activado de serie (non estou seguro de que se poida desactivar, como no meu portátil anterior, diría que non, ou dende logo, non de xeito doado vía o menú da BIOS), sen protexer cun contrasinal. Isto é, todo o tráfico co disco entendo que se está a cifrar, pero a chave de cifrado, que entendo xera o propio hardware, non está protexida á súa vez (podo facelo no menú da BIOS). O outro día comentoume alguén que, por riba do cifrado OPAL, tamén seguía a configurar LUKS, para ter cifrado sofware por riba do hardware. Vós que facedes? Eu xa traballei con LUKS no pasado, e sei que hoxe en día non é un problema a nivel rendemento, pois as CPUs actuais incorporan aceleración por hardware do cifrado necesario, e entendo que o impacto na duración da batería tamén será mínimo polo mesmo, pero... non estou seguro de precisas tanta seguridade nos meus datos (vaia, véxoo algo *overkill*). Apertas, E