Ola xente! Co meu novo equipo entro por primeira vez no mundo da alta definición (non é coña, que na casa gastamos aínda tele de tubo...) e claro, ando un tanto perdido en canto a cal é a mellor configuración para aproveitar os 1920x1080 nativos que ofrece a pantalla. Non emprego ningún tipo de 'Desktop', senón un 'window manager' lixeiro (awesome) sobre X. A miña primeira aproximación foi deixar a configuración que me deixan as X 'out-of-the-box': dimensions: 1920x1080 pixels (508x285 millimeters) resolution: 96x96 dots per inch E configurar tamaños de letra «xenerosos» nas aplicacións que emprego o 95% do meu tempo diante do ordenador: terminal, emacs e navegador web (este último semella o máis complicado de ter configurado para estar cómodo navegando por distintas webs sen ter que ir facendo zoom de cando en cando). Porén, non sei se é mellor alternativa «xogar» un pouco cos dpis para ter *todo* algo máis grande. Que facedes vos? Experiencias de xente traballando con estas resolucións sen deixarse (máis) a vista :-? Apertas, E