Eu teño un T14s (AMD) e posiblemente repetiría se tivese que comprar un novo hoxe.
Hai un par de semanas tiña clarísimo que ía comprar un T14s con AMD. Despois, vin a duración da batería coa alternativa Intel (Lunar Lake), e pensei en comprar o de Intel aínda que o rendemento de CPU sexa algo peor. Tamén por que nalgún benchmark vin que o rendemento da iGPU de Intel era mellor que o da AMD, aínda que a CPU fose peor. Logo lin que os drivers de Intel para a iGPU en Linux daban un rendemento paupérrimo (os benchmark que vira eu eran de Windows), e volvín pensar no AMD ou incluso na opción ARM (seica os driver de Intel xa non son o que eran dende que Igalia non está ao mando ;-) E logo comecei a pensar en probar algunha alternativa que me permitise montar un procesador algo máis potente ou incluso unha GPU discreta, e tamén tiña curiosidade por «modernidades» como os 'haptic touchpad', xa que a serie T segue co clásico mecánico... Non descarto volver ao punto de inicio, co T14s AMD :-D Graciñas polo consello! E