Ola!
Aproveito para estrear as listas funcionando de novo
Que ben! Graciñas polo traballazo :) Para min sempre é un pracer poder facer uso da comunicación grupal asíncrona como é debido, é dicir, por correo-e e con roldas de distribución :-)
... unha nova edición das Xornadas de Software Libre de Mugardos: un día para compartir tecnoloxía e cultura libre!
Que boa lembranza teño da única vez que me pasei polas xornadas de Mugardos, daquela «Kernel». Moi ben as charlas e actividades, e insuperables os mexillóns que nos deran de xantar :-D Non estou seguro de se coñecín a David Carracedo persoalmente :-/
Se tendes algún problema cas listas, facédeo chegar, xa que estan configuradas de esta semana e é probable que aínda teñan algún erro. Para xestionara a subscrición hai que entrar en https://lists.gpul.org e a primeira vez darlle a “Forgot password” e seguir o proceso de recuperación.
No meu caso, fun incapaz de obter un contrasinal para recuperar o meu usuario. Seguindo as indicacións de Jorge, creei unha nova conta, usando o enderezo de correo no que recibo as mensaxes das roldas, e todo perfecto. Xa teño acceso ao meu perfil no novo Mailman 3. Apertas, E