5 Dec
2017
5 Dec
'17
10:41
Ola xente! Hai máis dun mes que morreu o meu portátil e, tras semanas malvivindo cun mini-pc + portátil vello nos que configurei o mínimo (estou desexando volver ao meu mutt, tras esta experiencia con webmails varios...), por fin chegou o meu novo equipo (thinkpad T470). No meu último portátil estaba a empregar cifrado por software no SSD (unha partición LVM cifrada con LUKS/cryptsetup), pero agora este novo trae a posibilidade de cifrado por hardware coa especificación OPAL. Algunha experiencia/recomendación ao respecto? Pásome ao cifrado por hardware ou manteño o software? :-? Apertas, E