Boas xente!

Aproveito para estrear as listas funcionando de novo reenviado esta mensaxe que recibimos de parte da Comunidade O Zulo:

Subject: Convite á Xornada de Software Libre Mugardos 2025 – Homenaxe a David Carracedo
From: Comunidade O Zulo <comunidadeozulo@gmail.com>
 

Prezados amigos e amigas de GPUL.

O sábado 18 de outubro de 2025, Mugardos acollerá unha xornada moi especial para lembrar e celebrar a traxectoria do noso amigo David Carracedo e celebrar unha nova edición das Xornadas de Software Libre de Mugardos: un día para compartir tecnoloxía e cultura libre! 

 

👉 Pola mañá haberá unha mostra de cociña libre (10.00-14.00), na que Xoaquín Ameixeiras cociñará un "fork" dunha receita proposta pola comunidade.
👉 De 12.00 a 14.00 poderemos gozar dunha xincana de orientación polos recunchos da vila, con deporte, enigmas e tecnoloxía NFC para todas as idades.
👉 Ademais, desde o 4 ata o propio 18 de outubro, estará en marcha un CTF online, aberto a quen queira participar.

🎤 Xa pola tarde, ás 17.00, faremos a presentación oficial do evento e seguiremos con microcharlas abertas (17.15-19.00).
📖 Ás 19.00 será o momento de falar de "La Inseguridad", o libro de David Carracedo, e do seu valor hoxe en día.

Contamos coa vosa participación e aproveitamos a ocasión para convidarvos a participar nos relatorios! Estamos abertos á calquera temática relacionada con tecnoloxía e cultura libre. 

Saúdos.

-- 
Comunidade O Zulo
Promovendo Software e Cultura Libre dende 2003
www.comunidadeozulo.org

 

Se tendes algún problema cas listas, facédeo chegar, xa que estan configuradas de esta semana e é probable que aínda teñan algún erro. Para xestionara a subscrición hai que entrar en https://lists.gpul.org e a primeira vez darlle a “Forgot password” e seguir o proceso de recuperación.

Un saúdo,
Jorge