No meu último portátil estaba a empregar cifrado por software no SSD
(unha partición LVM cifrada con LUKS/cryptsetup), pero agora este novo
trae a posibilidade de cifrado por hardware coa especificación OPAL.
Algunha experiencia/recomendación ao respecto? Pásome ao cifrado
por hardware ou manteño o software? :-?