Sobre a serie X, non poño a man no lume, pero é probable que non teñan tarxeta de rede ethernet. Para min imprescindible.
Os T14s que estou a mirar, que din que teñen algo máis de calidade na construción que os T14 'plain', tampouco traen Ethernet. Tería que comprar un dongle USB, vaia. Eu tamén considero imprescindible o Ethernet, pero supoño que podo amañar co dongle.
Algo que eu consideraría tamén: revisar se a RAM e o disco van soldadas en placa ou non, porque algún modelo de serie T no pasado tiña RAM soldada e placa e iso pode limitar a vida útil do portátil.
Os T14s tamén traen a RAM soldada... Sip, é un pouco 'mec', pero na práctica non creo que me vaia afectar a vida útil do portátil para o uso que lle vou dar (pillareino case seguro con 32GB). Claro, prefíroa sen soldar, e quizais 64GB, pero os T14s que vexo só ofrecen 32GB ou menos, agás que vaias a modelos Intel con vPro, que aí si que hai 64GB :-?
Algún detalle que non che comentou ninguén e que igual queres ter en conta é o de ver que empresas (só das que se comentaron no fío) están nas listas de boicot a Israel. Empresas que SI están nas listas de boicot: - Dell - HP - Intel Empresa que NON están nas listas de boicot (de momento): - Lenovo - Slimbook - AMD
Vaia... isto si que non o mirara. Pois mira, vaime facilitar a decisión en canto á CPU. Quedarei con AMD, que tampouco estaba eu moi convencido co rendemento de Lunar Lake en Linux.
Ánimo coa (in)decisión. Logo cóntanos cal é o gañador XD
Agora mesmo o máis probable é que me pille un T14s con Ryzen AI 7 PRO 350. Vou pedir orzamentos, a ver... Graciñas! E