Ola! Contesto dunha tacada as respostas recibidas :) On Wed, Sep 17, 2025 at 03:03:04PM +0000, PabloG via xeral wrote:
Entendo que precisas cuda e toda clase de vainas.
É unha das dúbidas que teño, se meterlle unha gráfica discreta (NVIDIA) ou quedarme únicamente con gráfica integrada... No portátil actual apostei por deixar unicamente a integrada, para favorecer a «portabilidade» (menos peso, menos consumo, menos problemas derivados sempre de NVIDIA en Linux). En xeral, penso que foi unha boa decisión, pero si botei de cando en cando de menos ter a NVIDIA: por algunhas das cousas que fago no traballo si preciso CUDA, e non ter esa opción no portátil obrígame a depender do ordenador de escritorio que teño no despacho. O meu anterior portátil si tiña NVIDIA, pero a sensación que tivera é que non lle sacara especial partido... Os thinkpad T14/T14s non teñen opción de gráfica discreta, só integrada (SoC Intel, AMD ou ARM/Snapdragon). En principio xa me decantara por prescindir de novo dunha NVIDIA... pero volvéronme as dúbidas nos últimos días... :-/
Un ultrabook con escritorio remoto paréceme bo combo tamén en 2025, pero nun ultrabook nin vas ter teclado gustoso nin potencia para cyberpunk.
Eu, a priori, non son moi fan deses «ultrabooks». Guai que non pesen e sexan moi cómodos de levar, pero o do ter un *bo* teclado para min é innegociable. Cando teño que traballar con portátiles que non son o meu fallo máis pulsacións das que acerto... E tamén me preocupa o tema da robustez dese tipo de opcións: a carcasa do meu T470 actual ten algunha que outra rotura tras 8 anos de uso intensivo, e iso que é bastante robusto. Dáme a impresión de que con portátiles máis «endebles» non me vai durar gran cousa (igual é só un prexuizo, non sei). On Wed, Sep 17, 2025 at 09:36:31PM +0000, Diego Brea via xeral wrote:
Eu son usuario dende fai uns 8 anos dos portátiles de Slimbook e a verdade é que bastante contento con eles, pódeche interesar botarlle un vistazo. Non son os máis baratos do mundo, pero tendo en conta os pepinos que podes montar, tampouco diría que son caros.
A miña muller ten un Slimbook na casa, estropeado dende hai xa un tempo (temos pendente poñernos en contacto con Slimbook para reparalo, pero a vida atropéllanos e está parado dende hai moitísimo...). O teclado, para min que son tiquismiquis con iso, non me convence demasiado, teño que dicir (polo menos comparado cos meus Thinkpads da serie T). Polo demais, a experiencia non foi mala, a verdade. Considerareinos na procura :) On Wed, Sep 17, 2025 at 10:31:14PM +0000, Francisco J. Tsao Santín via xeral wrote:
[...] portátiles de Slimbook
Y además tienen soporte de primer nivel para GNU/Linux :-)
Yo de elegir Thinkpad, estos años siempre he ido por la serie X, más ligero que los T para moverse por ahí, y los hay con AMD.
Evidentemente, o soporte GNU/Linux é prioritario. Nese sentido, non tiven nunca problema coa serie T de Thinkpad (que agora tamén montan AMD e ARM como alternativa a Intel). Nos últimos días, precisamente, estoulle a botar un ollo á serie X. Lin por aí que o teclado «bastante ben». Que me dis ti nese sentido, que tiveches algún T antes. Anda ben de «tacto» a serie X? E que tal a «robustez»? Vense *duros* abondo? Nesa serie X tíñame boa pita o X1 Carbon Gen 13, pero lin por aí que se quentaba cousa fina, e iso bótame algo para atrás (aínda que lin que esa Gen 13 reduce algo ese problema, que semella endémico na serie). Hai un par de días lin esta reseña sobre o X9 14, https://takes.cflems.net/2025/thinkpad-x9, que ten como principal problema a falta de soporte GNU/Linux de parte dos periféricos. A reseña é de primavera, así que non sei como irá mellorando ese aspecto nos kernels máis recentes. En xeral, podo asumir un soporte defectuoso ao comezo dalgún hardware, se vexo que a cousa promete a un tempo vista (a miña idea, como cos portátiles anteriores, é tirar bastantes anos con este). On Thu, Sep 18, 2025 at 07:24:15AM +0000, Óscar García Amor via xeral wrote:
Otra opción que puedes barajar es la de los HP ProBook 440. No son caros, son bastante duros y tienen una buena cantidad de puertos de E/S y IMHO mi son ideales para curre. Eso si, no tienen potencia gráfica, por lo que para jugar no valen en absoluto.
En principio non considero a opción de xogar no portátil, máis que xogos orientados ás miñas peques, e normalmente non son AAA precisamente :D Interésame o da robustez. Ata o de agora ese é o tipo de portátil que eu priorizaba: duro e con moita versatilidade, por iso a serie T de Thinkpad sempre foi a miña escolla, ao sumarlle o tema do teclado. No pasado (hai xa moito, iso é certo) tiven que usar algún HP durante unha tempada (no impás entre unha avería e conseguir un portátil novo) e o teclado costoume un chisco, e quedeime con esa idea dos HP.
Luego en HP están los EliteBook o los ZBook donde ya pasas a otros precios superiores a cambio de mas potencia.
Como agardo que me dure moitos anos, estou disposto a investir bastante neste portátil, sempre que considere axeitado o custo/beneficio, claro. Ademais de que non o vou pagar do meu peto, que é un portátil de traballo que irá con cargo a un proxecto de investigación. Respecto a isto último, en calquera caso, aplico os mesmos criterios que se o pagara eu (algúns dos meus portátiles previos pagueinos eu, vaia).
También están los Dell XPS que son ultraportátiles. A mi personalmente no me convencen mucho pero porque son muy "Apple", es decir, tienen muy pocos puertos, normalmente solo un par de USB-C, por lo que al final estas dependiendo siempre de un dock o similar para todo.
Teño algo de prexuizo cos Dell, por experiencias pasadas (non miñas, pero si de achegados): sempre os vin moi «plástico», e tiven coñecidos con portátiles Dell con roturas aquí e alá sen ter demasiados anos de uso (e iso que non os trotaban tanto como o fago eu), por iso adoito descartalos. Apertas a todos e graciñas mil polos consellos :) E