Ola! Agora que xa temos de novo rolda de correo, mando isto por aquí: dádesme algunha recomendación de portátil? :-) Que estades a empregar vós? Estades contentos? Que comprariades agora mesmo de ter a necesidade? [pensei que igual isto era algo offtopic, e igual debería ir a misc@, pero no fondo vou usar ese portátil exclusivamente con GNU/Linux, así que supoño que encaixa aquí ;-)] Estes foron todos os meus equipos portátiles ata o de agora, para que vexades o meu «perfil»: gotham - IBM Thinkpad T40 anarres - Lenovo Thinkpad T400 ithilien - Lenovo Thinkpad T430s worlorn - Lenovo Thinkpad T470 Como vedes, non me caractericei pola variedade, e fun bastante (moi) conservador co que me gustaba. O último e actual, worlorn, dende onde escribo este correo, ten algo máis de 8 anos e algún problema hardware que me está a amolar bastante dende hai meses. Valoro moito a experiencia de tecleo, e iso e que quero que sexa resistente (vouno trotar bastante, pois sempre ando de aquí para alá co portátil, e moito en bici) pero non demasiado tocho levoume sempre á serie T de Thinkpad. Evidentemente, estou a valorar os T14, sobre todo os T14s que din que son algo máis robustos de fabricación, pero quería ter en conta outras opcións que, no mesmo rango de prezos (caros), quizais ofrezan máis cousas. Graciñas! E