Bos días rapazada!
Quería avisarvos que os vindeiros días 17, 18 e 19 de outubro
terá lugar por segunda vez na Coruña a Xorg Developers Conference
(XDC 2023 https://indico.freedesktop.org/event/4/ ). Nesta ocasión
terá lugar no Palexco. Esta conferencia que estamos a organizar
dende Igalia reunirá aos principais desenvolvedores da pila
gráfica de GNU/Linux. Virán desenvolvedores de Valve, Intel, AMD,
ARM, NVIDIA, Canonical, RedHat, Google, Imagination, Collabora e
Igalia e outros membros da comunidade.
Nesta conferencia presentase e discutese o futuro dos drivers
libres das nosas tarxetas gráficas tanto no espazo de kernel como
de usuario Mesa (Vulkan, OpenGL, OpenGL-ES). Falarase do soporte
de HDR en Linux, os drivers gráficos da Raspberry Pi ou Asahi que
soporta o Apple M1, de Zink o driver OpenGL empregando Vulkan, de
Wayland, e todo o que fai funcionar a Steam Deck (Proton, Wine), e
basicamente sobre todo excepto do servidor Xorg que é o que da o
nome a conferencia.
Podedes consultar as charlas dispoñibles en
https://indico.freedesktop.org/event/4/contributions/
Aproveito esta mensaxe para anirvarmos a que vos inscribades para participar no evento: https://indico.freedesktop.org/event/4/registrations/4/
E se estades interesados como en *colaborar como voluntariado* no
evento podedes contactar comigo (jmcasanova@igalia.com), xa que
como sabedes sempre ven moi ben contar con axuda na organización
deste evento no que tamén colabora GPUL no seu 25 aniversario.
Un saudo,
Chema Casanova