Ola!
Algo pasa con esta lista de correo que los hilos no funcionan bien...
Mi cliente (Alpine) ordena algunos correos bien y otros no (adjunto captura). Justo esta parte del hilo sí. A ver si vemos el patrón...
Eu con mutt si que teño todo ben ornenadiño sen ter feito nada extra (achego tamén captura). Algunhas mensaxes, se vos fixades, levan un '*' no comezo da galla. A verdade é que non lembraba que significaba ese engadido, e tiven que miralo: https://mutt-users.mutt.narkive.com/WTZALdLj/asterisk-in-thread-branch Vaia, que algunhas mensaxes levan o In-Reply-To e outras non (iso entendo que xa depende do MUA de cada quen), e supoño que Alpine igual usa unicamente ese campo (ou se pode configurar para que tamén xunte por Asunto —pseudothreads— como mutt) :-? En calquera caso, sería boa idea poder amañar o tema no Archivo de Mailman (o cal asumo que implicará chimpar AWS, como comentades), que así é difícil poder seguir os fíos, e iso que agora mesmo só temos dous activos nesta lista xeral :-D Apertas, E -- Emilio J. Padrón González CITIC Research & Universidade da Coruña https://pdi.udc.es/gl/File/Pdi/RG9AF