Ola (again!)
Non sei se che deu por empregar Eclipse, pero dende aí tamén se pode acceder á configuración dos repositorios de Maven. [1] [2]
Non emprego Eclipse, pero, en calquera caso, busco unha solución «batch», vaia. Ten que funcionar nun despregamento automatizado.
Entendo que o que queres é configurar dous "localRepository".
Supoño que, en esencia, si. Quizais sexa que teño un xeito de pensar moi C&Unix-oriented, porque o que busco é o que eu vexo totalmente lóxico: igual que hai múltiples sitios onde podo ter bibliotecas/libraries coas que enlazar os meus arquivos obxectos compilados, e algún deses sitios poden ser system-wide e outros user-wide, quero poder facer o mesmo con maven: - que busque no(s) repo(s) local(is) de sistema o que precise, e se o atopa, perfecto (xa me encargo eu de desactivar opcións para que se descargue versións cun timestamp máis recente -puto pesado o Maven-) Por exemplo: /usr/share/maven-repo en Debian, pero vaia, o lóxico tamén sería que puidera haber un número arbitrario de sitios en /usr ou /usr/local, por exemplo. - e se non atopa algo que precisa, que o descargue no repo local do usuario que está invocando a Maven (usuario que non ten por que ter permiso para meter trapallada nun directorio do sistema). Por exemplo, o típico ~/.m2/repository O meu caso de uso, basicamente, é que eu creo unhas imaxes (SO + todo o que preciso para os meus experimentos, no meu caso cunha cousa que se chama Kameleon [1], pero pensa en dockers ou semellantes) a partir dunhas receitas. Logo desprego para os experimentos esas imaxes en clusters con moitos nodos. Como interesa que todo quede o máis «Reproducible research» posible, as cousas máis importantes (e algunhas moi personalizadas, distintas das que vai descargar Maven) xa as teño en paquetes Debian (o SO que uso nas miñas imaxes, e así quédanme moi doadas de manter e controlar as versións instaladas). Doutras non me preocupo e non as meto na receita/imaxe, polo que logo no despregamento Maven ten que descargalas cando as precisa... Que haxa que facer 'jaris' para algo que me parece tan simple (e obvio) deixame claro por que non me levo nada ben coas tecnoloxías da órbita Java (stinks! <rant>e por que a xente que desenvolve Java deixa tanta indentación... *non o soporto* #TodoMal</rant>). [1] http://kameleon.gforge.inria.fr
O caso é que isto non che permitiría empregar os dous á vez.
Si, xa vin tamén que nos enlaces que me pasas as típicas solucións pasan por ir conmutando entre repos, algo que non me interesa e me complicaría a vida.
Na mesma resposta apunta a este outro fío [4] onde explica a razón de que só se permita un repositorio local.
Explicacións que non me convencen, nin as solucións propostas... En fin, de momento seguirei cos meus workarounds. Graciñas Alejo! E