Ola, unha consulta sobre git!
Cal pensades que é o mellor xeito de traballar con binarios grandes que
precisades que estean no repositorio, pero non necesariamente baixo
control de versións? (eses arquivos non van ser modificados nunca)
Eu habitualmente fágoo con 'git lfs', pero neste caso estou traballando
contra un gitlab que non ten LFS activado, así que preciso outro mecanismo
que me permita unha xestión doada: quero que a xente que vai traballar
co repo git teña que facer as menos cousas posibles en canto a «colle
isto desta url, pono neste directorio no teu repositorio local...».
Vaia, que o ideal sería que os usuarios do repo simplemente ao facer o
'clone' reciban tamén eses arquivos no seu lugar correcto do repo,aínda
que eses arquivos veñan, por exemplo, vía http dun simple hosting web.
Exemplo: http://mdreduce.gforge.inria.fr/jdk-8u212-linux-x64.tar.gz
Boteille un ollo a git annex... pero non estou seguro de que se axeite,
e ten tanta documentación que non atopei o meu caso de uso tran facer
algunha proba.
Como digo, interésame algo o máis transparente posible para a xente que
simplemente vai clonar o repo remoto e facer push/pull.
Apertas,
E