Ola Boas.
Antes de nada, e para todas aquelas que non coñezan o proxecto OSM, coméntovos.
Open Street Map [1] é en resumo un proxecto que pretende crear un mapa
libre de todo o mundo. Vamos, coma unha wikipedia, pero con datos
geográficos.
É un pouco offtopic nesta lista, pero, penso que hai a varios
subscritos aos que lles pode interesar e dado que o proxecto está
relacionado cos obxectivos do GPUL decidinme a spamear por aquí.
O caso é que acabamos de crear un grupo de OSM [1] Galicia no
telegram, quen guste: tg://join?invite=AAHZsRBs-mY3hrquk2kpig
Iso para os que tedes telegram. E aos que non, anímovos a editar o
mapa [2] igualmente. Tamén hai dispoñibeis listas de correo [3], en
concreto a de España é esta [4].
Saúdos e desculpade o spam :P
[1] http://www.openstreetmap.org/
[2] https://wiki.openstreetmap.org/wiki/Beginners%27_guide
[3] http://wiki.openstreetmap.org/wiki/Mailing_lists
[4] https://lists.openstreetmap.org/listinfo/talk-es
--
Brais Arias Rio