Teño que ver se misc vai, que eu non estou subscrito. O que sí, seguimos tendo o problema dos fíos por culpa dd AWS. Eu son partidario de coller unha segunda ipv4 para as listas de correo, que so costan uns poucos euros ao mes, e así podemos quitar AWS e separar os dous servidores, o de correo @gpul.org e @lists.gpul.org.


El 18 de marzo de 2026 16:46:22 CET, "Emilio J. Padrón González via probas" <probas@lists.gpul.org> escribió:
Ola, Jorge:

A min chegoume correctamente a mensaxe que mandaches por misc@

Ah, pois entón perfecto! Se non me chega a min é o de menos, vaia.
Pensaba que non lle chegara a ninguén, a pesar de estar no arquivo da
rolda (iso si que o comprobei).


Terás desactivado o “Receive own postings” nos settings?

Fun mirar e a verdade é que teño un auténtico caos de configuración,
pois manteño subscrición "regular" con enderezo @gpul.org, e logo teño
subscritas tamén @udc.gal e @posteo.net.

En principio, na miña configuración xeral de mailman, teño marcado que
si quero recibir as miñas propias mensaxes (como calquera persoa
civilizada, vaia ;-P).

Nas configuracións específicas por lista non me aparece misc@ (si o
resto de roldas), e nas específicas por enderezo de correo-e aparécenme
os tres correos con todo en branco. Non sei se isto sobreescribe algo na
configuración xeral.

Nesta rolda de probas si recibo sen problemas o que envío :-?

En fin, non te preocupes, Jorge. Con saber que a mensaxe chegou, váleme
:)

Graciñas!
E
probas mailing list -- probas@lists.gpul.org
To unsubscribe send an email to probas-leave@lists.gpul.org