Oferta de bolsa para estudante da FIC (Mestrado ou últimos cursos Grao)
Ola! Hai un par de semanas adiquei un par de tarde/noites a redactar unha proposta para esta convocatoria: 3ª Convocatoria de Proxectos de Investigación do «Programa de Impulso á Investigación Universitaria en Tecnoloxías para o Ben Común» Impulsada por Enxeñaría Sen Fronteiras, xunto a UDC, UVIGO e a rede Artigo9tech de investigación. https://rgcud.gal/archivos/2346 O caso é que onte saiu a resolución e a miña proposta foi unha das tres seleccionadas: https://rgcud.gal/artigo9tech-documentos Así que... agora toca cumprir co compromiso :-) Para iso, ando na procura dunha persoa interesada en levar o peso do desenvolvemento para o proxecto proposto, que mestura Realidade Virtual, levantamento de planos CAD 2D a 3D e aprendizaxe por reforzo. O desenvolvemento levarase a cabo exclusivamente con software libre. Esta é a proposta de proxecto: https://gitlab.citic.udc.es/emilio.padron/artigo9tech-proposta_2026 A remuneración será de 2800€ por todo o traballo (é unha convocatoria modesta), en forma de bolsa persoal (non hai un contrato laboral), e o proxecto hai que telo listo en outubro. Potencialmente, o proxecto tamén se podería aproveitar para un TFG ou TFM. Se estás lendo isto e che interesa, contáctame! Busco alguén con interese (e idealmente con certa experiencia, pero sobre todo que teña interese) nos temas e tecnoloxías sobre os que orbita o proxecto (Godot, Blender, VR, RL, etc.). Calquera dúbida, pregúntame, claro! Apertas, E -- Emilio J. Padrón González CITIC Research & Universidade da Coruña https://pdi.udc.es/gl/File/Pdi/RG9AF
participants (1)
-
Emilio J. Padrón González