Ola! Non sei se coñecedes a iniciativa «Explorer»[1] da UDC (antes chamábase YUZZ, mudou de nome hai pouco). Organizada pola vicerreitoría de estudantes da UDC, está enfocada en temas de emprendemento (buzzword) e demais. Ben, non vou entrar a valorala. O caso é que vía a vicerreitoría de estudantes (a vicerreitora e o seu adxunto son compañeiras do mo meu grupo de investigación) me chegou a petición dun dos participantes deste ano, que busca «alguén» que o poida axudar coa informática que precisa para o seu proxecto Explorer. Tras falar co mozo en cuestión que precisa a axuda, quedoume claro que basicamente busca alguén que lle faga un traballo de informático e/ou deseñador web para o seu proxecto Explorer, pero que non ten diñeiro para contratar un profesional. A súa idea sería que a persoa que se preste a colaborar na súa idea de negocio [2] poida ou ben formar parte do propio proxecto de negocio ou poida cobrar máis adiante (:-?). Díxenlle a este estudante que non vía moi claro como alguén ía estar disposto, sen coñecelo, a entregar o seu traballo para o seu proxecto, pero vaia, que eu podía lanzar no GPUL (o tema este chegoume desde a vicerreitoría pola miña vinculación con GPUL) o tema éste por se algunha persoa mostraba interese. E vaia, que por iso poño esta mensaxe por aquí O:-) Non son eu moi partidario de difundir «ofertas de emprego» non remuneradas, pero vaia, entendo que isto está aínda no límite do permisibles (o mozo non pretende aproveitarse de ninguén, penso, simplemente non dispón de demasiadas opcións...). En fin, que se alguén estivera interesado no tinglado este que mo diga e xa o poño en contacto con este estudante. Apertas, E [1] Explorar, a evolución de YUZZ http://explorerbyx.org [2] A idea de negocio basicamente vén sendo unha tenda de roupa «on demand», na que deseñadores de roupa suben deseños e a clientela pre-compra os mesmos (rollo crowdfunding) antes de que se confeccionen, de xeito que só cando se acadan determinados umbrais de financiamento se fan as prendas.