Olá xente, Pásovos estas ofertas de traballo: 1.- Chegou a solicitude directa dun amigo dicendo que "...estamos buscando un par de programadores que sepan de spark+kafka y algo de hadoop para incorporarlos en nuestro equipo. Si conoces a alguien que este buscando trabajo o quiera cambiar de trabajo...". Serían para Madrí. 2.- Precísase dunha persoa de perfil técnico especializada en administración de sistemas GNU/Linux nunha PEME cunha dúcia de equipos, todos con Ubuntu LTS - O básico é atender as incidencias que acontezan, pero tamén haberá traballos maiores porque a empresa está inmersa na implementación de Odoo + comercio electrónico + integración de todas estas solucións. - É moi compatible con outros traballos ou estudos Para ambas as dúas ofertas, contactade comigo. Saúde! PS: agardo respostas ata a vindeira semana antes de abrir estas ofertas a outras listas e canles. -- Roberto Brenlla http://tegnix.eu/ LibreOffice.org, Identi.ca, Jabber.org, Diaspora, GTalk, Twitter, LinkedIn... => brenlla GNU/Linux user #124.437 GPG ID 39C50E5D ---